BIBLIOTECA MUNICIPAL
19-03-2018

O venres, 23 de marzo, a Concellería de Cultura do Concello de Fisterra fará unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a nova Biblioteca Municipal situada no Centro Cultural Casa do Arco (Praza da Cerca, 5. Fisterra).
Do 23 ó 28 de marzo celebraranse as seguintes xornadas culturais:
- Venres, 23 de marzo: Ás 18:00h. Xornada de portas abertas
- Luns, 26 de marzo: Ás 12:00h. Caxoto con Vellos Contos e Novos Finais.
- Martes, 27 de marzo: Ás 12:00h. Fran Rei cos Contos de Barriga Verde
- Mércores, 28 de marzo: Ás 12:00h. Maxia a cargo de Dani García con 1, 2, 3 probando.