Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


EXPOSICIÓNS NO FARO DE FISTERRA

04-04-2008

Durante os meses de abril e maio están previstas as seguintes exposicións no faro de Fisterra:

-Do 3 de abril ao 7 de maio:
"O desafío das ondas" e "Mascarón Azul".
Exposición baseada nestes dous libros editados pola Autoridade Portuaria da Coruña. Isto faise en apoio á candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

-Do 2 ao 15 de maio:
Exposición do pintor Alfredo Pirucha.
Este artista naceu en Sanxenxo no ano 1982 de formación autodidacta, foi seleccionado como Talentoso polo Diario EL PAÍS e a súa obra foi elexida no I Premio de Pintura Paco Merino (2006), Granollers-Barcelona

-Do 19 ao 31 de maio:
"100 Anos do Himno de Galicia". Exposición itinerante posta en marcha polo Concello xunto coa Fundación Iniciativas 21
Compartir:

Novas por anos: