CHARLA INFORMATIVA: A PRAGA DA COUZA GUATEMALTECA DA PATACA
03-04-2018

Técnicos da Consellería do Medio Rural, impartirán unha charla que ten como finalidade informar aos veciños dos concellos situados na zona tampón (Camariñas, Vimianzo, Dumbría, Cee e Fisterra), das medidas adoptadas e previstas para atallar a praga da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora), así como reforzar a coordinación entre os axentes implicados.
Día: xoves, 5 de abril
Hora: 19:00h
Lugar: Salón de actos do Concello de Fisterra.