Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMA EMBARCA: TALLER DE SABERES E SABORES DO MAR E DA HORTA

10-04-2018

O proxecto Candieira, rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia, continúa a súa andaina. Comeza esta semana unha nova fase de formación e asesoramento dentro do programa Embarca co proxecto de Saberes e sabores, dirixido á deseñar un proxecto de transformación e conservación de produtos do mar.

A primeira sesión desta fase será o xoves 12 de abril de 10:30 a 13:00h no local social de Sorribos na localidade de Abelleira en Muros.

Nesta sesión darase conta da programación e contidos que se abordarán ao longo dos próximos meses e contarase coa visita de Paula Patiño de "Consevas A Castrexa", experiencia empresarial de transformación alimentaria. Paula explicará que implica por en marcha unha iniciativa deste tipo, dos recursos, procesos e alianzas coas que se conta e que poden orientar o proxecto doutras mulleres.

Esta sesión, como outras, están abertas a aquelas persoas que queiran participar.

Información: en http://www.candieira.net/ ou no tlf.:981 822 754 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: