PROGRAMA BENESTAR BALNEARIOS
19-04-2018
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de convocar prazas para participar no Programa Benestar en Balnearios 2018.
Persoas beneficiarias e requisitos:
- Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
- Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
- Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 16 de maio
- Para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 31 de maio
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra ou en http://benestar.xunta.es/web/portal/portada