Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONTRATACIÓN PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS 2018

01-06-2018

Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación provincial da Coruña, ao abeiro da convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido aos concellos da provincia durante o exercicio 2018, acórdase a contratación de 12 traballadores/as para a limpeza de praias e a súa contorna por un período de 3 meses

Prazo presentación de solicitudes:Oito (8) días hábiles contados a partir do seguinte o da publicación das Bases no Taboleiro de Anuncios do Concello e nesta páxina web (01/06/2018)

Requisitos dos aspirantes:

  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse inhabilitado/a, por sentenza firme, para o exercicio das funcións públicas.
  • Estar inscrito como desempregado no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.

Documentación a presentar:

  • Instancia para participar na presente selección segundo o modelo que figura no anexo I destas bases.
  • Copia cotexada do documento nacional de identidade.
  • Relación de méritos alegados: orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos que se pretenden alegar

selección realizarase en dúas fases:

  • Valoración de méritos
  • Proba práctica tipo test.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: