PROGRAMA RESPIRA FISTERRA
11-06-2018

O Concello de Fisterra organiza durante o mes de xullo unhas serie de Campamentos de Conciliación:
Destinados a: nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Horario: de 10:00 a 14:00h
Actividades: saídas ao exterior, teatro/cine, repostería creativa, xogos predeportivos, danza, xogos en inglés, creatividade,....
Inscricións e información: Do 25 ao 28 de xuño no Departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra. Teléfono 981 740 001
Prazas limitadas: Precísase achegar acreditación da necesidade de conciliación da vida laboral, familiar e persoal.