PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS CASETAS FARO FISTERRA
13-06-2018
Aprobado polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 4 de xuño de 2018 o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a adxudicación por procedemento aberto da concesión do uso privativo do dominio público do local destinado á venda de recordos, souvenires e artesanía nas inmediacións do faro de Fisterra.
Exposición ao público durante 10 días.
Pódese consultar o prego de condicións na seguinte ligazón: BOP nº 111 do Mércores 13 de xuño de 2018