CINE PARA ADULTOS
02-10-2018

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra organiza o ciclo de cine "Imaxes e sons da Costa da Morte" coa proxección dun documental e unha longametraxe.
-Venres, 5 de outubro.-Documental "Noetiña". As mulleres e o mar na Costa da Morte. Ás 20:00h no Salón de Actos do Concello de Fisterra.
Prégase confirmar asistencia no correo info@socialdocs.es. Público adulto. Aforo limitado.
-Domingo, 7 de outubro.-"Sicixia". Paseo polo amor e a Costa da Morte. Ás 19:00h no Salón de Actos do Concello de Fisterra.
Prégase confirmar asistencia no correo culturafisterra@hotmail.com. Público adulto. Aforo limitado.