OFERTA DE EMPREGO: OPERARIO DE OBRAS E SERVIZOS
23-11-2018
O Concello de Fisterra convoca as bases para a contratación en réxime laboral eventual dun operario de Obras e Servizos.
-Requisitos dos aspirantes.-
a) Ser maior de dezaoito anos.
b) Estar en posesión do Graduado Escolar no momento de finalizar o prazo de presentación
de instancias.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
d) Que non fora separado mediante expediente disciplinario do Servizo da Administración Pública.
e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/84, do 26 de decembro, do persoal ao servizo das Administracións Públicas
-Tipo e duración do contrato.- O contrato será en réxime laboral eventual con xornada completa para o periodo comprendido ente o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.
–Prazo de presentación de solicitudes.-As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de 9.00 a 14.00 horas, situado na rúa Santa Catalina, 1, 15155 Fisterra, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de Cinco (5) días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación do anuncio no xornal "La Voz de Galicia" (24/11/2018) e nesta páxina web.