ZERO ADICCIÓNS
26-12-2018

A Deputación da Coruña a través do servizo de Acción Social, Cultural e Deportes e coa colaboración do departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra, pon en marcha o Programa de prevención de adiccións na poboación adolescente "#Zero adiccións" que ten entre os seus obxectivos prioritarios traballar a prol da educación para a saúde dun xeito integrado nos diferentes ámbitos de desenvolvemento da persoa e previr e fomentar hábitos de vida saúdables.
O venres, 28 de decembro terá lugar en Fisterra ás seguintes accións:
- Punto de asesoramento de prevención de adiccións: Na lonxa de Fisterra de 12:00 a 14:00h
- Charla Informativa a familias sobre prevención de adiccións: No salón de actos do Concello de Fisterra, ás 19:00h.
Máis información: Departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra ou no tlf.:981 740 001 de 9:00 a 14:00h.