ELECCIÓN XUIZ DE PAZ
14-01-2019

O Concello de Fisterra vai proceder á elección de Xuiz de Paz Titular, polo que se abre un prazo de quince (15) días hábiles a partir da publicación deste Anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 8 do 11 de xaneiro de 2019), para que as persoas interesadas presenten a súa solicitude nas oficinas municipais mediante escrito dirixido ó Sr. Alcalde-Presidente.
A documentación que se deberá acompañar así como os requisitos, incapacidades e incompatibilidades para acceder ó cargo, encóntranse expostas no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e nesta páxina web.