Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES ENTROIDO FISTERRA 2019

15-01-2019

En relación coa celebración do Entroido de Fisterra 2019, "O Entroido máis tradicional da Costa da Morte", O Concello de Fisterra abre o prazo para inscribirse nos seguintes concursos:

-Concurso de comparsas que se vai celebrar o martes, 5 de marzo no pavillón municipal de Fisterra, ás 18:00h.

A contía dos premios será:

-PRIMEIRO PREMIO: 1.400€

-SEGUNDO PREMIO: 1.100€

-TERCEIRO PREMIO: 800€

O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300€

Inscrición: Nas oficinas do Concello de Fisterra de 9:30 a 14:30 antes do 15 de febreiro.

-Concurso infantil de disfraces que se vai celebrar o domingo, 3 de marzo, ás 17:00h na praza da Constitución de Fisterra.

Haberá 3 categorías:

-CATEGORÍA INDIVIDUAL:(1 persoa)

  • PRIMERIO PREMIO.-30€ máis trofeo
  • SEGUNDO PREMIO.-20€ máis trofeo

-CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)

  • PRIMERIO PREMIO.-60€ máis trofeo
  • SEGUNDO PREMIO.-40€ máis trofeo

-CATEGORÍA GRUPOS (máis de 6 persoas)

  • PRIMERIO PREMIO.-100€ máis trofeo
  • SEGUNDO PREMIO.-70€ máis trofeo

Os participantes serán menores de 16 anos

Inscrición: O mesmo día na praza da Constitución, media hora antes do concurso.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: