ENTROIDO FISTERRA 2019
25-01-2019
As actividades previstas para celebrar o entroido 2019 no Concello de Fisterra, "o Entroido máis tradicional da Costa da Morte", son as seguintes:
-Venres, 1 de marzo:
- 10:30h.-Desfile de entroido do CEIP Mar de Fóra.
- 10:30h.-Desfile do CEIP Areouta, en Sardiñeiro.
- 15:30h.-Desfile do colexio "Nuestra Señora del Carmen de Fisterra".
-Sábado, 2 de marzo:
- 17:00h.-Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
- 17:30h.-Desfile pola vila e a continuación Pregón do Entroido 2019 na praza da Constitución de Fisterra a cargo dos RAPACOLLON´S BIG BAND
- Actuación do grupo Entroidanzas, Pesdelán
-Domingo, 3 de marzo:
- 17:30h.-Concurso Infantil na praza da Constitución
-CATEGORÍA INDIVIDUAL:(1 persoa)
.1º PREMIO.-30€ máis trofeo
.2º PREMIO.-20€ máis trofeo
-CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)
. 1º PREMIO.-60€ máis trofeo
. 2º PREMIO.-40€ máis trofeo
-CATEGORÍA GRUPOS (máis de 6 persoas)
. 1º PREMIO.-100€ máis trofeo
. 2º PREMIO.-70€ máis trofeo
-Luns, 4 de marzo:
- 10:00h.-Desfile de entroido da Escola Infantil a Galiña Azul de Fisterra.
-Martes, 5 de marzo:
- 18:00h.-Tradicional concurso de comparsas no Pavillón Municipal amenizado a cargo do humorista Pedro Brandariz
-1º PREMIO: 1.400€
-2º PREMIO: 1.100€
-3º PREMIO: 800€
O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300€
No caso de mal tempo todas as actividades do entroido 2019 serán no Pavillón Municipal.