DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
15-02-2019

O 24 de febreiro, Rosalía de Castro está de aniversario e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Fisterra organiza unha serie de actividades:
- Xoves, 21 de febreiro: A viaxe de Rosalía. Ás 11:30h no salón de actos do Concello de Fisterra. Destinado aos centros escolares 4º, 5º e 6º E.P
- Venres, 22 de febreiro: "Charla-coloquio o feminismo e Rosalía". Ás 19:00h na Biblioteca Municipal de Fisterra. Público adulto
- Domingo, 24 de febreiro: "Caldo de Gloria" Rilo & Penadique. Contada con música con referencias a Rosalía de Castro. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Público adulto.