CAMPAÑA: UN LUGAR PARA AS PALABRAS
26-02-2019
A Concellaría de Política Social e Igualdade do Concello de Fisterra pon en marcha a campaña “Un lugar para as palabras”, en conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Esta campaña manifesta o compromiso coas mulleres, coa defensa dos seus dereitos e coas políticas de igualdade como instrumento de avance social.
O venres, 8 de marzo, varios murais en branco serán colocados en diferentes puntos e espazos públicos do municipio coa finalidade de que todas e todos escribamos neles a nosa palabra, o noso sentimento como unha alianza social pola defensa da muller.
Por elas, un lugar para as palabras
Por elas, un lugar para a liberdade
Por elas, a nosa loita
Puntos e espazos públicos onde estarán situados os murais:
- Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra
- C.E.I.P. Mar de Fóra de Fisterra
- C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro
- I.E.S. Fin do Camiño
- Concello de Fisterra
- Aula de Informática do Concello
- Biblioteca Municipal Casa do Arco
- Aula CeMIT
- Escolas Deportivas municipais
Ao remate do día, os murais serán recollidos utilizando as vosas verbas como o manifesto dos fisterráns e fisterrás polos dereitos da muller.