Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAÑA: UN LUGAR PARA AS PALABRAS

26-02-2019

A Concellaría de Política Social e Igualdade do Concello de Fisterra pon en marcha a campaña “Un lugar para as palabras”, en conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Esta campaña manifesta o compromiso coas mulleres, coa defensa dos seus dereitos e coas políticas de igualdade como instrumento de avance social.

O venres, 8 de marzo, varios murais en branco serán colocados en diferentes puntos e espazos públicos do municipio coa finalidade de que todas e todos escribamos neles a nosa palabra, o noso sentimento como unha alianza social pola defensa da muller.

Por elas, un lugar para as palabras

Por elas, un lugar para a liberdade

Por elas, a nosa loita

Puntos e espazos públicos onde estarán situados os murais:

  • Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra
  • C.E.I.P. Mar de Fóra de Fisterra
  • C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro
  • I.E.S. Fin do Camiño
  • Concello de Fisterra
  • Aula de Informática do Concello
  • Biblioteca Municipal Casa do Arco
  • Aula CeMIT
  • Escolas Deportivas municipais

Ao remate do día, os murais serán recollidos utilizando as vosas verbas como o manifesto dos fisterráns e fisterrás polos dereitos da muller.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: