PROXECTO COMPOSTAXE FISTERRA
27-02-2019
O Concello de Fisterra, xunto coa asociación Ambientalista Amigos da Terra, e apoiado polo Ministerio de Medio Ambiente, pon en marcha no municipio un programa de compostaxe doméstica dirixido a 20 familias. Unha aposta firme e decidida por mellorar o modelo de xestión dos residuos no municipio.
O mércores 27 ás 18:00h no Salón de Actos do Concello terá lugar a formacion inicial ao grupo das 20 familias inscritas.
Trala formación efectuaráse o reparto de material por parte do Concello, que consistirá nun composteiro de 400 litros a cada familia participante .
Os veciños/as, contarán durante un ano, co asesoramento técnico persoalizado a domicilio, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra.
Máis información: María Durán, técnica do proxecto de Amigos da Terra, no tlf.: 671 865 839 ou Osvaldo Santos Lobelos, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra no tlf.: 981 740 001