Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ANDAINAS 2019

29-03-2019

O sábado 30 de marzo comeza unha nova edición de Andainas pola Costa da Morte.

ANDAINAS:

  • 30 de marzo: Cee
  • 6 de abril: Muxía
  • 13 de abril: Vimianzo
  • 4 de maio: Dumbría
  • 11 de maio: Camariñas
  • 17 de maio: Corcubión
  • 25 de maio: Fisterra
  • 1 de xuño: Mazaricos
  • 8 de xuño: Ponteceso

DISTANCIAS E HORARIOS:

-As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15Km.

-A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno

-As andainas comezarán ás 10:00 am. e rematarán entre as 13:00 e as 14:00 pm. .

INSCRICIÓNS:

-Para participar no programa de andainas debes inscribirte no teu concello. No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.

-Poderán participar nenos/as a partir de 7 anos, acompañados dunha persoa adulta responsable (ata 16 anos), debendo asinar a autorización o/a titor/a legal 

-O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade.

-Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidentes.

BUSES:

-Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida da ruta.

Máis información no departamento de deportes do Concello de Fisterra ou no tlf:981740001

Nota: Este sábado, 4 de maio, as persoas que estean anotadas para a Andaina do Concello de Dumbría, deberán estar na parada de autobuses ás 09:00h da mañán.

Compartir:

Novas por anos: