PROGRAMA BENESTAR 2019: BALNEARIOS E TALASOTERAPIA
08-04-2019

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de convocar prazas para participar nos Programas Benestar en Balnearios e Talasoterapia durante o ano 2019.
Persoas beneficiarias e requisitos:
- Ter 55 anos e ser pensionista
- Ter 60 anos
- Poder valerse por sí mesmo/a e non ter enfermidade infecto-contaxiosa, nin problemas de comportamento
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Non ter contraindicación médica para recibir estos tratamentos.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de maio de 2019
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra (de 9:00 a 13:00h) ou en https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/maiores-e-dependencia