ESTADÍAS TEMPO LIBRE MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS
09-04-2019

A Secretaría Xeral de Igualdade convoca estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Requisitos:
- Mulleres que teñan fillas e/ou fillos exclusivamente ó seu cargo.
- Que estean domiciliadas na Comunidade Autónoma
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa
- Poden ir acompañadas dos fillos/as de 2 a 12 anos
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de maio de 2019
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra (de 9:00 a 13:00h) ou en https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/maiores-e-dependencia