SEMANA SANTA FISTERRA 2019
10-04-2019
O venres 12 de abril, comeza a Semana Santa de Fisterra coa procesión da nosa Señora das Dolores.
Ás 20:00 h. na igrexa parroquial terá lugar a misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas". A continuación farase a procesión que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada pola "Banda Municipal de Cee".
O sábado, 13 de abril, farase unha peregrinación dende a Igrexa de Cee ata a igrexa parroquial de Santa María das Areas de Fisterra.
Nas seguintes descargas pódese ver unha recopilación das actividades previstas para celebrar a Semana Santa de Fisterra organizadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do Concello de Fisterra.
Vive a Semana Santa en Fisterra!!