BASES CONTRATACIÓN PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS 2019
30-05-2019
Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación provincial da Coruña, ao abeiro da convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido aos concellos da provincia durante o exercicio 2019, acórdase a contratación de 12 traballadores/as para a limpeza de praias e a súa contorna por un período de 3 meses
Prazo presentación de solicitudes:Oito (8) días hábiles contados a partir do seguinte o da publicación das Bases no Taboleiro de Anuncios do Concello e nesta páxina web (30/05/2019)
Requisitos dos aspirantes:
- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse inhabilitado/a, por sentenza firme, para o exercicio das funcións públicas.
- Estar inscrito como desempregado no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.
Documentación a presentar:
- Instancia para participar na presente selección segundo o modelo que figura no anexo I
- Copia cotexada do documento nacional de identidade.
- Relación de méritos alegados: orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos que se pretenden alegar
A selección realizarase en dúas fases:
- Valoración de méritos
- Proba práctica tipo test.