Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN TÉCNIC@ MUSEO DA PESCA

31-05-2019

Á vista da Resolución dictada por parte da Excma. Deputación Provincial (BOP nº 96 de 23 de maio de 2019) pola que se aproba a concesión provisional para a contratación de persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación, o Concello de Fisterra publica as bases para a contratación laboral eventual dun/dunha Técnico/a para o Museo da Pesca.


DURACIÓN: O contrato de traballo será en réxime laboral eventual mediante a modalidade de contrato temporal, a tempo completo por un período de cinco meses.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9H a 14:00h, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación no periódico La Voz de Galicia e nesta mesma páxina web (31/05/2019)

Descargas

Compartir:

Novas por anos: