FISTERRA BLUES EXPERIENCE
27-06-2019
O Concello de Fisterra organiza a 3ª edición do Fisterra Blues Experience o 28, 29 e 30 de xuño.
Un festival que é máis que un festival. É unha experiencia que nos trae o son do Atlántico, o Blues. Fisterra é a fin da terra, a fin do camiño, o encontro coa inmensidade do oceáno. Un lugar onde se sinte doutra maneira, o lugar perfecto para o blues.
Un evento no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais, con obradoiros para toda a familia, viaxes en barco e moito máis.
Pódese consultar toda a información do evento en: http://fisterrablues.gal/
Vén a vivir esta experiencia única do Blues a Fisterra!!!