Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PRAZA TÉCNIC@ PARA O MUSEO DA PESCA

11-07-2019

Como consecuencia da Subvención outorgada pola Excma Deputación Provincial, o Concello de Fisterra convoca a selección dunha praza de Técnico/a para o Museo da Pesca mediante contrato laboral eventual en xornada completa e polo periodo de cinco meses. Ao non presentarse aspirantes á praza na convocatoria publicada con data 31/05/2019, a Alcaldía acordou efectuar unha modificación na base 5ª (Requisitos) da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9H a 14:00h, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do 11/07/2019.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: