ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE INVERNO
23-09-2019
O departamento de deportes do Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades deportivas para nen@s e adultos durante o curso 2019-2020:
NEN@S:
-Escola Municipal de Voleibol
-Escola Municipal de Patinaxe
-Escola Municipal de Badminton
-Escola Multideportiva
-Escola Municipal de Fútbol
-Actividades de batuka
-ADULTOS:
-Ximnasia de mantemento
-Pilates
-Act. Física para persoas da 3ª idade
-Actividade de batuzumba
-Voleibol
Ademais de todo isto, tanto os pequenos como os maiores poden participar na VI Carreira Pedestre do Concello de Fisterra que se vai celebrar o domingo, 13 de outubro. Se queres participar podes informarte nas oficinas do Concello de Fisterra ou en https://championchipnorte.com
-INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: O prazo de inscrición para as actividades deportivas municipais é do 24 ó 30 de setembro de 10:00 a 13:00h no departamento de deportes do Concello de Fisterra.
Para máis información chamar o telf. 981 740 001 ou nas oficinas municipais.