NADAL CULTURAL NA FIN DA TERRA
26-11-2019
O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar o vindeiro Nadal:
VENRES, 13 DE DECEMBRO:
- CAYETANO LLEDÓ, LA FAYETTE SHOW. Maxia para toda a familia. Ás 20:00h no salón de actos do Concello de Fisterra
MÉRCORES 18 E XOVES 19 DE DECEMBRO:
- TALLER DE ELABORACIÓN DE CENTROS DE MESA DE NADAL EN FISTERRA. Destinado a maiores de 16 anos. (2 grupos a escoller día) Inscricións antes do 13 de decembro na Concellería de Cultura ou no tel.:699 263 964. Ás 16:00h no Mercado Municipal
SÁBADO, 21 DE DECEMBRO:
- TALLER DE ELABORACIÓN DE CENTROS DE MESA DE NADAL EN SARDIÑEIRO. Destinado a maiores de 16 anos. Ás 11:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro. Inscricións antes do 13 decembro na Concellería de Cultura ou no tel.: 699 263 964
DOMINGO, 22 DE DECEMBRO: VISITA DO APALPADOR
- Ás 17:00h.- Visita ó centro de maiores de Fisterra
- Ás 18:00h.-Visita ós máis pequenos no salón de actos do Concello de Fisterra acompañado con contacontos, marionetas,...
MARTES, 24 DE DECEMBRO:
- TARDE DE VILLANCICOS DE NOITEBOA. O coro "Nuestra Señora del Carmen" de Fisterra, ás 17:30h visitará a residencia de maiores e sobre ás 18:00h se o tempo acompaña, cantarán na praza da Constitución os villancios populares
DOMINGO, 5 DE XANEIRO:
- TRADICIONAL CABALGATA DE REIS.
- Ás 11:00h: Saída e percorrido por todas as aldeas
- Ás 16:00h: Recepción dos Reis na casa da cultura de Sardiñeiro
- Ás 18:00h: Desfile dos Reis Magos pola rúas de Fisterra
- Ás 19:15h: Recepción dos Reis Magos na praza da Constitución. Entrega de caramelos,, animación a cargo de Isabel Risco, xogos populares e espectáculo do circo "Crunch!! Muu" No caso de mal tempo será no polideportivo municipal a mesma hora