Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


OFERTA DE EMPREGO: OPERARIO DE OBRAS E SERVIZOS

04-12-2019

O Concello de Fisterra convoca as bases para a contratación en réxime laboral eventual dun operario de Obras e Servizos para cubrir a baixa por enfermidade común dun traballador que vén desempeñando este posto 

-Requisitos dos aspirantes.-

a) Ser maior de dezaoito anos.
b) Estar en posesión do Graduado Escolar no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
d) Que non fora separado mediante expediente disciplinario do Servizo da Administración Pública.
e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/84, do 26 de decembro, do persoal ao servizo das Administracións Públicas


-Prodecemento de selección.-Concurso-Oposición

-Tipo e duración do contrato.- O contrato será en réxime laboral eventual con xornada para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2020 ata o día de remate da baixa do traballador o que se sustitúe.

Prazo de presentación de solicitudes.-As instancias dirixiranse ao Sr Alcalde do Concello de Fisterra e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de 9.00 a 14.00 horas, situado na rúa Santa Catalina, 1, 15155 Fisterra, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de Cinco (5) días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación do anuncio no xornal "La Voz de Galicia" (04/12/2019) e nesta páxina web.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: