PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE 3 ANOS
22-01-2020
A Consellería de Política Social concede unha prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 (nados entre o 1/1/2017 e o 31/12/2017 incluídos)
Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
–Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
–Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
–Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos:2.400 €.
Prazo: O prazo de presentación das solicitudes será de trinta e cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (20-01-2020).
Información e tramitación: No departamento municipal de Servizos Sociais (Educación Familiar) en horario de 10 a 14 horas ou en https://sede.xunta.es co código do procedemento BS410A