CURSO OFIMÁTICA CON LIBREOFFICE
26-02-2020
Durante o mes de marzo pódese facer por videoconferencia na Aula CeMIT de Fisterra, o Curso de ofimática en Writer, Calc, Impress e Base preparatorio para as probas libres de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).
Colectivo destinatario: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos de utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.)
Obxectivos:
- Ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotiá, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente referentes ás aplicacións de oficina.
- Aprender ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.) de forma correcta usando ferramentas libres, co fin de que os alumnos coñezan un maior abano de programas cos que xestionar os seus documentos e sexan capaces de obter o maior proveito das diferentes alternativas existentes
- Acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, CODIX.
CODIX ¿Qué é?
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
Información e inscricións: Na Aula CeMIT de Fisterra, no tel.: 673 081 740 ou en cemit.fisterra@xunta.es