Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONTRATACIÓN TEMPORAL DOUS AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

27-02-2020

O Concello de Fisterra publica as Bases para a contratación con carácter laboral temporal de dous/dúas Auxiliares de Axuda no Fogar.
A contratación realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.

FUNCIÓNS: O traballador/a contratado desenvolverá os seguintes labores baixo a Dirección do Departamento de Servizos Sociais desta Corporación:

1) Atención de carácter persoal na realización de actividades da vida cotidiá.-
2) Asistencia de necesidades de carácter doméstico e da vivenda.-
3) Atención de carácter psicosocial e /ou educativa; podendo integrarse ademais dentro da Axuda no Fogar determinadas actividades que se desenvolvan fóra da propia vivenda, sempre que, dacordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan na posibilidade de permanencia no lar do asistido e na mellora da súa autonomía e calidade de vida.

TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO: Trátase dun contrato laboral temporal por periodo dun ANO en xornada completa a contar desde a data da súa formalización.-

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes dirixidas o Sr. Alcalde-Presidente nas oficinas xerais do Concello de Fisterra en horario de 9 a 14 horas; cando se presenten por correo ou por calquera outra forma das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Adminsitracións Públicas.

O prazo de presentación é de CINCO DIAS HÁBILES ( 5 ) contados a partires do día seguinte á data de publicación do Anuncio no xornal La Voz de Galicia que foi o 27 de febreiro de 2020.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: