Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ENTROIDO DE FISTERRA 2009

05-02-2009

As actividades previstas para celebrar o Entroido 2009 son as seguintes:

Venres, 13 de febreiro:
Ás 19:00h: Inauguración da Exposición “Lembranza do Entroido fisterrán”.
Proxección de videos antigos do concurso de comparsas dende o ano 1989 e exposición de fotografías de tódalas comparsas que pasaron polo noso Entroido.
Do 13 de febreiro ao 1 de marzo no Faro de Fisterra.

Sábado, 21 de febreiro:
Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
Ás 17:30h: Desfile pola vila acompañadas pola Banda de Gaitas O Rumbo de Sardiñeiro e pregón do Entroido 2009 a cargo da Comparsa A Galería na praza da Constitución. A continuación concerto do GRUPO DE ROCK 96 GRADOS.

Domingo, 22 de febreiro:
Ás 17:30h: Concurso de disfraces Infatís na praza da Constitución.
GRUPOS………..90€ (mín. 3 persoas e máximo 15)
PARELLAS…….60€
INDIVIDUAL…..30€
Na modalidade do concurso de grupos deberase realizar unha parodia por parte dos participantes.
Un grupo de animadores porán en marcha unha festa chea de xogos, bailes, música,…

Luns, 23 de febreiro:
Ás 11:00h: Concurso de máscaras para os máis pequenos na Biblioteca Municipal.

Martes, 24 de febreiro:
TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS, ás 18:00h, na praza da Constitución, presentado polo cómico Xermán Martínez.
PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO………..1.200,00€
3º PREMIO………..900,00€

O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€. Tamén se fará a entrega de premios do Rei e da Raíña do entroido 2009 e do concurso de máscaras.
Haberá venta de chocolate e churros.

NOTA: En caso de mal tempo, as distintas actividades levaránse a cabo no Pavillón Municipal.
Compartir:

Novas por anos: