Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BANDO: MEDIDAS PREVENCIÓN CORONAVIRUS

13-03-2020

Como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocadas polo COVID-19 e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias autonómicas e estatais sobre a adopción de medidas preventivas, dende o día 13 de marzo de 2020 e ata novo aviso, ACÓRDASE:

1º) SUSPENDER TODAS AS ACTIVIDADES deportivas, culturais, sociais ou de calquera índole organizadas ou autorizadas polo Concello.

2º) PECHE DE INSTALACIÓNS: polideportivo, biblioteca, aulas de informática e demais recintos de titularidade municipal.

3º) SUSPENSIÓN DO “MERCADILLO” MUNICIPAL os martes e venres; agás o Mercado Municipal (Praza de Abastos) que permanecerá aberto cun aforo limitado de 50 persoas como máximo e só para os postos de alimentación.

4º) A ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS OFICINAS MUNICIPAIS: a atención presencial quedará limitada aos casos de extrema necesidade e sempre con previa cita solicitada ao Concello. Os trámites administrativos faranse:

- por vía telemática en https://sede.concellofisterra.gal
- mediante consultas na seguinte dirección de correo electrónico info@concellofisterra.com
- vía telefónica nas oficinas municipais 981740001

5º) RECOMENDACIÓNS:
- Seguir as instrucións ditadas pola autoridades sanitarias, e en caso de ter algún síntoma contactar co 061, co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116 ou consultar a páxina do Ministerio de sanidade www.mscbs.gob.es
- Evitar aglomeracións, viaxes e desprazamentos que non sexan imprescindibles.
- Non levar aos nenos e nenas ao parque infantil.
- Extremar as medidas de hixiene segundo as recomendacións sanitarias.
- Que as asociacións e entidades do municipio suspendan os seus actos públicos e sociais durante os próximos 14 días naturais.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: