LETRAS GALEGAS 2020
15-05-2020

O 17 de maio celébrase a festividade máis importante das Letras Galegas; este ano recordamos e homenaxeamos a figura de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990 ), escritor, historiador de literatura, crítico literario, filólogo e lingüista.
Ante a imposibilidade de realizar ningún tipo de acto presencial debido ás circunstancias actuais, o Departamento de Cultura, Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Fisterra organiza dúas actividades para desfrutar a través do noso Facebook:https://www.facebook.com/concellodefisterra
- Venres, 15 de maio ás 18:00h: Concerto de Mamá Cabra
- Domingo, 17 de maio ás 12:00h: Narración oral con Inacio Vilariño