Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


LETRAS GALEGAS 2020

15-05-2020

O 17 de maio celébrase a festividade máis importante das Letras Galegas; este ano recordamos e homenaxeamos a figura de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990 ), escritor, historiador de literatura, crítico literario, filólogo e lingüista.

Ante a imposibilidade de realizar ningún tipo de acto presencial debido ás circunstancias actuais, o Departamento de Cultura, Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Fisterra organiza dúas actividades para desfrutar a través do noso Facebook:https://www.facebook.com/concellodefisterra

  • Venres, 15 de maio ás 18:00h: Concerto de Mamá Cabra
  • Domingo, 17 de maio ás 12:00h: Narración oral con Inacio Vilariño


Descargas

Compartir:

Novas por anos: