INGRESO MÍNIMO VITAL
01-06-2020
O Real Decreto-lei que regula o ingreso mínimo vital ten por obxecto a creación e regulación do ingreso mínimo vital como prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
Prazo de presentación de solicitudes: A partires do 15 de xuño de 2020
Lugar de presentación: Por vía telemática na sede electrónica da Seguridade Social https://sede.seg-social.gob.es ou enviando a documentación por correo ordinario
Tutorial presentación solicitudes sin certificado ao INSS
Máis información no tel.: 900 20 22 22