BASES CONTRATACIÓN TÉCNIC@S DE TURISMO
15-06-2020
Á vista da subvención outorgada por parte da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello de Fisterra publica as bases específicas para a contratación de dous/dúas Técnicos/as de Información Turística a tempo completo mediante contrato en réxime laboral eventual de duración determinada durante o peridodo comprendido entre a data de formalización do contrato ó 15 de setembro de 2020.
O Concello de Fisterra presentará oferta ante o Servizo Público de Emprego de Galicia e seleccionará ás persoas traballadoras entre as persoas remitidas por dito servizo.