Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONCERTO: ATLANTIC MOZART FLUTE QUARTETS, MOZART Á GALEGA

19-06-2020

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra ten preparado de cara ó verán unha programación cultural diferente adaptada á nova situación xerada pola crise sanitaria da COVID-19. Haberá actividades de pequeno formato orientadas a evitar grandes aglomeracións ao tempo que axudarán a recuperar a alegría nas rúas e o pulo cultural no noso municipio.
Cine na rúa destinado ao público familiar, concertos en pequeno formato, etc., pero sempre marcando as medidas de prevención establecidas, distancias de seguridade entre cadeiras e o uso de mascarilla.
 
O venres, 26 de xuño ás 9 da noite na terraza do hotel "O Semáforo Fisterra" terá lugar o concerto de: ATLANTIC MOZART FLUTE QUARTETS, MOZART Á GALEGA dentro do programa "No bico un cantar" na festa da música 2020 da Deputación da Coruña. Cuartero composto por Luis Soto, David García, Ioana Ciobotaru e Millán Abeledo cunha frauta e un trío de cordas.
 
AFORO LIMITADO

Descargas

Compartir:

Novas por anos: