BASES CONTRATACIÓN PEÓNS CONTROL AMBIENTAL PRAIAS COVID-19
15-07-2020
Aprobadas as bases do proceso selectivo para a contratación de persoal para mantemento, vixilancia, limpeza e control ambiental de praias relacionados co control e prevención da covid 19.
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación de 3 peóns cun contratao de duración determinada a tempo completo por obra ou servizo, por un período de tres meses.
Prazo presentación de solicitudes: Cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases
Requisitos dos aspirantes:
- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse inhabilitado/a, por sentenza firme, para o exercicio das funcións públicas.
- Estar inscrito/a como desempregado/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado/a e estar dispoñible para o emprego.
Documentación a presentar:
- Instancia para participar na presente selección segundo o modelo que figura no anexo I
- Copia cotexada do documento nacional de identidade.
- Relación de méritos alegados: orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos que se pretenden alegar
A selección realizarase en dúas fases:
- Valoración de méritos
- Proba práctica tipo test