Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN PEÓNS CONTROL AMBIENTAL PRAIAS COVID-19

15-07-2020

Aprobadas as bases do proceso selectivo para a contratación de persoal para mantemento, vixilancia, limpeza e control ambiental de praias relacionados co control e prevención da covid 19.
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación de 3 peóns cun contratao de duración determinada a tempo completo por obra ou servizo, por un período de tres meses.

Prazo presentación de solicitudes: Cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases

Requisitos dos aspirantes:

  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse inhabilitado/a, por sentenza firme, para o exercicio das funcións públicas.
  • Estar inscrito/a como desempregado/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado/a e estar dispoñible para o emprego.

Documentación a presentar:

  • Instancia para participar na presente selección segundo o modelo que figura no anexo I
  • Copia cotexada do documento nacional de identidade.
  • Relación de méritos alegados: orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos que se pretenden alegar

selección realizarase en dúas fases:

  • Valoración de méritos
  • Proba práctica tipo test

Descargas

Compartir:

Novas por anos: