Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROXECTO ORDENANZA FISCAL REGULADORA APARCAMENTOS

01-09-2020

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracion Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Imposición da Ordenanza fiscal reguladora sobre Aparcamentos, solícitase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación

c) Os obxectivos da norma

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

Medios polos cales se poden achegar as opinións:

  • Instancia xeral nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00h
  • Sede electrónica: https://sede.concellofisterra.gal/
  • Correo electrónico: info@concellofisterra.com
  • En calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Admnistracións Públicas.

Prazo para achegar as opinións: 10 días hábiles contados a partir de hoxe (01/09/2020)

Descargas

Compartir:

Novas por anos: