PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES)
05-10-2020
O Concello de Fisterra está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) . Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo para mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables e reducir as emisión de CO2.
Persoal da empresa contratada, Energal S.L. visitará os establecementos comerciais de Fisterra para facer unha enquisa sobre consumo enerxético polo que será necesario ter a man unha factura eléctrica para verificar os kilovatios (KWh) consumidos.
Deste xeito poderemos coñecer os consumos enerxéticos, para poder elaborar posteriormente o Inventario de Emisións de Referencia do Concello de Fisterra.
Colabora co Concello de Fistera e súmate a loita contra o cambio climático!