CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á REDACCIÓN DO PLAN ESPECIAL CASCO HISTÓRICO DE FISTERRA
07-10-2020
Debido ás modificacións sustanciais efectuadas dentro do Plan Especial do Casco Histórico de Fisterra e como consecuencia do documento redactado pola empresa adxudicataria Alfonso Botana, S.L., faise público dito documento para a súa consulta na seguinte ligazón:
https://concellofisterra.gal/portal_cidadan/peprich/gl
Solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura figura acerca de:
- Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
- A necesidade e oportunidade da súa nova aprobación
- Os obxectivos da norma
- As posibles solucións alternativas
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte anuncio durante o prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación nesta páxina web.