Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

03-11-2020

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Deputación da Coruña impulsa a campaña "DE FRONTE á violencia de xénero".

O Concello de Fisterra está activamente comprometido coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero polo que anima a poboación a participar nas actividades e recursos coeducativos que impulsa esta campaña e que se poderán seguir a través da páxina web:

https://defronte.gal/

Actividades e recursos coeducativos:

  • Concurso nas redes sociais. Desafío poético: Do 4 ao 26 de novembro
  • Palestras. Conferencias online: A partir do 4 de novembro. Con Vanessa Rodríguez Pousada, Sara Vierna Fernández e Ana Sanmartín López.
  • Narración e origami. Sira e a illa: Do 9 ao 15 de novembro. Actividade guiada por Palmira Castro, de narración poética para todas as idades, e acción colectiva de origami nas redes
  • Contacontos. Contos de nenas pequenas e grandes: Do 23 ao 29 de novembro. Unha producción de Marta Ortiz e Brais das Hortas.

Máis información: info@defronte.gal

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: