Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


AXUDAS A MICROEMPRESAS E AUTÓNOMOS/AS

03-11-2020

BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DAS AXUDAS DO CONCELLO DE FISTERRA A MICROEMPRESAS E AUTÓNOMOS/AS COMO CONCELLO ADHERIDO AO FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA (PEL-REACTIVA)

-FINALIDADE:

A finalidade destas axudas é facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas do municipio, como entidade adherida ao Fondo de Financiamento, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico

-PERSOAS BENEFICIARIAS:

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos estabelecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

-REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ter o seu domicilio fiscal nun dos municipios adheridos ao Fondo de Financiamento.
  • Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
  • Non ter débeda ningunha co concello.
  • Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas establecidas na base 14.

A. Requisitos específicos das persoas físicas.

Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.

B. Requisitos específicos das persoas xurídicas.

A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.

-DOCUMENTACIÓN:

  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda.
  • Designación de conta bancaria segundo o modelo normalizado do Concello.
  • Anexo VIII: Solicitude da axuda.
  • Anexo IX: Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.
  • Beneficiarios/as do Grupo I:
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.
  • Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social no que se inclúa o seu número de traballadores/as.
  • Beneficiarios/as do Grupo II:
  • Ademais da documentación indicada para o Grupo I, acreditación da redución de ingresos dende os seis meses previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.
  • Beneficiarios/as do Grupo III:
  • Ademais da documentación indicada para o Grupo I, documento acreditativo da situación de ERTE.

-FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As presentes bases, xunto co modelo de solicitude normalizado para a obtención das axudas, estarán dispoñibles na web do Concello de Fisterra: https://concellofisterra.gal, como entidade adherida ao Fondo de Financiamento.

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Fisterra,  accesible na ligazón: https://sede.concellofisterra.gal/, utilizando   o   formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede. Para a presentación de solicitude por medios electrónicos, é necesario dispor dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.

Prazo de solicitudes: Do día 7 de novembro ata ás 14:00h do día 25 de novembro de 2020. 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: