FISTERRA NIVEL MEDIO-ALTO RESTRICIÓNS
16-12-2020
O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da Covid-19 en Galicia, vén de acordar que o Concello de Fisterra pasa ao Nivel Medio-Alto de restricións.
MEDIDAS RESTRICTIVAS:
- MOBILIDADE: Peche perimetral individual. Saídas e entradas xustificadas.
- REUNIÓNS SOCIAIS: Limítanse os grupos a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes
- ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN:
- 30% do aforo no interior e 50 % nas terrazas ao aire libre
- Non está permitido o consumo na barra.
- A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
- Horario do peche ao público: 17:00 horas
- VIDA SOCIAL E COMUNITARIA:
- Lugares de culto: 50 % da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
- Bibliotecas, arquivos, museos: 50 % da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
- ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES:
- 50% da súa capacidade. Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos.
- MERCADOS AO AIRE LIBRE:
- 50 % dos postos habituais ou autorizados.
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS:
- Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 4 persoas de forma simultánea , sen contar o monitor.
- Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 4 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.
- CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO:
- O público sempre debe permanecer sentado tanto nas instalacións deportivas como na vía pública.
- Límite de 250 persoas para lugares pechados e de 500 se se trata de actividades ao aire libre
Agradecemos a vosa colaboración e recordade:
- Usade a máscara.
- Lavade e desinfectade as mans frecuentemente.
- Mantede a distancia social e evitade as aglomeración
Máis información: https://coronavirus.sergas.gal/
Orde do 3 de decembro de 2020 de medidas de prevención específicas COVID-19
DECRETO 213/2020, do 16 de decembro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, de 3 de decembro