Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PREVENCIÓN COVID-19 NO NADAL

23-12-2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia estableceu un protocolo para a prevención da COVID-19 durante o período de Nadal. 

Medidas xerais:

  • As persoas con enfermidade COVID-19 e os contactos estreitos destas teñen que manterse illadas ou en corentena, estando prohibido en calquera caso, abandonar o lugar onde se realice o illamento ou a corentena. 
  • As persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, pendentes de realizar unha proba diagnóstica ou de coñecer o resultado da mesma, deben seguir as recomendacións de illamento, estando prohibido o cambio de domicilio, viaxar ou participar en ningún tipo de reunión ou celebración
  • Recoméndase a celebración das reunións no Nadal só con persoas conviventes entendendo como tales ás persoas que viven habitualmente no mesmo domicilio
  • Evitar os lugares concorridos, manter a distancia de seguridade, a hixiene regular das mans, a hixiene respiratoria e o uso de máscaras faciais de forma permanente

 Medidas específicas para o período do Nadal

  • Permítese saír do peche perimetral, entre as 0:00h do 23 de decembro e as 23:00h do 25 de decembro, para permitir encontros familiares.
  • A recomendación principal é manter as celebracións do Nadal dentro da unidade de convivencia. De non ser isto posible, a celebración das comidas e ceas do nadal dos días 24, 25 e 31 de decembro e do 01, 05 e 06 de xaneiro, quedan condicionadas a que non se supere un máximo de dúas unidades de convivencia. Neste caso, o número de persoas que se poderan reunir será de 10
  • Se reúnen máis de dúas unidades de convivencia, o máximo de persoas permitidas será de 6, tendo en conta que os nenos menores de 10 anos non computan a este efecto. O número máximo de persoas que se poderán reunir, incluíndo os nenos menores de 10 anos será tamén de 10.
  • Deben extremarse as precaucións cando, entre os celebrantes, haxa persoas maiores ou especialmente vulnerables.
  • Nas noites do 24 ao 25 de decembro de 2020 e do 31 de decembro de 2020 ao día 1 de xaneiro de 2021, a hora de comezo da limitación da mobilidade será, a máis tardar ás 1:30 horas, unicamente para permitir o regreso a casa, e sempre que se manteñan o resto das medidas do control da transmisión.

Boas festas e recordade!:

  • Usade a máscara.
  • Lavade e desinfectade as mans frecuentemente.
  • Mantede a distancia social e evitade as aglomeración

Máis información en:

https://coronavirus.sergas.gal/

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: