PREVENCIÓN COVID-19 FIN DE ANO E ANINOVO
30-12-2020
A Consellería de Sanidade estableceu as seguintes medidas de prevención da COVID-19 para Fin de Ano e Aninovo:
- Permítese saír do peche perimetral, entre as 00:00h do 30 de decembro e as 23:00h do 1 de xaneiro, para encontros familiares.
- A noite do 31 de decembro, a hora de comezo da limitación da mobilidade, será a máis tardar ás 1:30 horas, únicamente para permitir o regreso a casa.
- Os establecementos de hostalaría e restauración poderán pechar ás 18:00h e cos límites fixados para o nivel medio-alto: 30% do aforo no interior e 50 % nas terrazas ao aire libre, non está permitido o consumo na barra e a ocupación máxima será de 4 persoas por mesa. Poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.
- O 1 de xaneiro de 2021, os locais terán que retrasar a súa apertura ata as 11:00h da mañá, volvendo o día 2 ao horario de apertura habitual.
- Recoméndase que as xuntanzas familiares estean integradas únicamente por persoas que pertenzan á mesma unidade familiar.
- As xuntanzas de dúas unidades familiares, terán como límite 10 persoas.
- Nas xuntanzas compostas por máis de dúas unidades familiares, non se debe exceder a cifra de 6 persoas adultas, e un máximo de 4 nenos/as con idades non superiores aos 10 anos.
- As persoas con enfermidade COVID-19 e os contactos estreitos destas teñen que manterse illadas ou en corentena, estando prohibido en calquera caso, abandonar o lugar onde se realice o illamento ou a corentena.
- As persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, pendentes de realizar unha proba diagnóstica ou de coñecer o resultado da mesma, deben seguir as recomendacións de illamento, estando prohibido o cambio de domicilio, viaxar ou participar en ningún tipo de reunión ou celebración.
Feliz Aninovo, moito ánimo e recordade!:
- Usade a máscara.
- Lavade e desinfectade as mans frecuentemente.
- Mantede a distancia social e evitade as aglomeracións