Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CURSOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

13-01-2021

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña acolle dúas accións formativas dentro do Programa de salvamento e socorrismo acuático:

  • AFDP0209: Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais (435h)
  • AFDP0109: Socorrismo en instalacións Acuáticas (210h)

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia

Inicio da formación:

Socorrismo en espazos acuáticos naturais: febreiro 2021

Socorrismo e instalacións acuáticas: setembro 2021

A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar nas dúas accións formativas, obtendo así a dobre titulación, iniciándose en primeiro lugar a formación en socorrismo en espazos acuáticos naturais de xeito que as prácticas sexan coincidentes coa tempada de praias do ano en curso coa posterior incorporación, ao remate das mesmas, á formación en instalacións acuáticas

-Requisitos das persoas candidatas:

  • Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
  • Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes

-Requisitos específicos:

  • Nivel académico ou de coñecementos xerais:

Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.

  •  Condicións físicas:

Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas .

Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

-Proba de natación

As persoas candidatas, no caso de superar as solicitudes o número de prazas de cada edición,   terán que superar probas de natación.

Para efectualas é necesario levar o día que se lles cite para as probas: traxe de baño deportivo, gorro de piscina, gafas de natación, chancletas e toalla.

 Probas:

  • Nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

-Documentación e xestións:

Para ser persoa candidata e participar nestas accións formativas completarase o formulario de candidatura,  asinarase a declaración de cumprimento de requisitos  e soamente se achegará coa solicitude, o seguinte documento escanado:

Certificado ou Informe de saúde recente, emitido, asinado e selado por facultativo con data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021, sobre o cumprimento das capacidades físico_psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático

Prazas: Só se admitirán 6 inscricións de persoas empadroadas no Concello de Fisterra, serán candidatas para a realización das probas de selección aquelas persoas das que se achegue o formulario completo e asinado e o documento escanado que se solicita no prazo previsto.

Información e inscrición: Oficina Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra no tel.: 981 740 001 en horario de 9:00 a 14:00h

Descargas

Compartir:

Novas por anos: